Páxinas

domingo, 26 de abril de 2015

AL ÁLANDALUS



A principios do século VIII , os musulmáns entraron na Peninsula Ibérica e puxeron fin ao reino visigodo e o territorio musulmán chamouse Al Ándalus. Estiveron ata 1492. 
Durante estes case oito séculos, al Ándalus variou o seu tamaño e a s súa organización política.
Etapas da presenza musulmá na Península Ibérica.
No ano 711  o exército musulmán invade a Península Ibérica.
Al ändalus era unha provincia ou emirato , gobernado por un emir
do grande Imperio islámico con capital en Damasco e en Bagdad.
Non puideron ocupar algunhas das zonas cristiáns que co tempo darían lugar a reinos cristians independentes.

O CALIFATO DE CÓRDOBA

No ano 929 , Al Álandalus separouse do Imperio Islámico(o califato de Bagdad) e formouse o califato  con cappital en Córdoba, converténdose nun poderoso estado e Al Álandalus viviu un gran esplendor económico e cultural durante este período.

OS REINOS DE TAIFAS

No século XI , o califato de Córdoba dividíase en numerosos territorios independientes chamados reinos dos taifas gobernados cada un por un rei .
Estando enfrontados aos reinos cristiáns do norte, a situación dos taifas era máis débil  e foron desaparecendo pouco a pouco xa que tiñan que pagar moitos impostos .
O último reino musulmán da Peninsula era o chamado reino nazarí de Granada.
Mezquita de Cordoba

A poboación era moi diversa formada por musulmáns , árabes e cristiáns convertidos ao islám; tamén había núcleos de poboación non musulmá, como os xudeus e os mozárabes que eran cristiáns non-convertidos ao islam.

A agricultura era importante para os andalusís e a tiñan as noras e as canles para a rega.
O comercio tamén era moi importante, adicábanse  ao comercio de produtos artesanais .
No ano 997 Almanzor , caudillo do califato de Córdoba e as súas tropas saquearon e arrasaron a cidade de Santiago de Compostela, destruíndo os monumentos e igrexas ; levaron incluso as portas e as campás da catedral  para Córdoba.



A cultura musulmá foi una das máis avanzadas na Idade Media,literatura en música, e en particular en matemáticas ( o numero cero), en astronomía desenvolvendo instrumentos tales como o compás e o astrolabio moi útiles para a navegación


En medicina introduxeron hábitos de hixiene e dietéticos para previr enfermidades e tamén técnicas de cirurxía e anestesia.

 A CULTURA XUDÍA
Esta permitiu a transmisión de coñecementos entre musumáns e cristiáns xa que os xudeus na escola de tradutores de toledo traducíndose ao latín e ás linguas románicas as grandes obras en árabe  que chegaron á Península.

Ningún comentario:

Publicar un comentario