Páxinas

domingo, 31 de maio de 2015

OS REINOS CRISTIÁNS



INFORMACIÓN SOBRE OS REINOS CRISTIÁNS

ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES
 Os musulmáns controlaron rapidamente a maior parte da Península Ibérica dende a súa chegada no 711, menos as zonas montañosas do norte onde xurdiron núcleos de resistencia cristiáns.
 Na zona de Asturias, a poboación indíxena liderada polo nobre visigodo Don Pelayo derrotou aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), feito que se considera como o inicio da Reconquista. Este triunfo permitiu a formación do Reino de Asturias.
-Entre os reinos atopamos o reino de León, o de Castela, o de Pamplona, o de Aragón e os condados cataláns e no século XII creouse o reino de Portugal.
A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN
A Reconquista foi un proceso no que os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras peninsulares dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda. Entre os séculos VIII e X o avance cristián foi moi lento: – O reino de Asturias trasladou a capital de Oviedo a León, orixinándose o reino de León. No seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia e os condados de Castela e de Portugal.

EXPANSIÓN DO REINO DE ASTURIAS (SS. VIII-X) REINOS E CONDADOS PIRENAICOS (SS. VIII-X) A PENÍNSULA IBÉRICA NO SÉCULO X
Entre os séculos XI e XIII a desaparición do califato de Córdoba e a súa fragmentación nos reinos de taifas favoreceu o avance cristián cara ao sur:
No século XI, o condado de Castela transformouse no reino de Castela (Fernando I, 1038), incorporando máis tarde os antigos reinos de Asturias, León e Galicia.
No século XIII naceu a Coroa de Castela coa unión definitiva entre os reinos de León e Castela (Fernando III, 1230)Portugal independizouse ; e se formou a coroa de Aragón coa unión dos condados cataláns.
Os mudéxares 
Os monarcas cristiáns permitiron que habitantes musulmáns seguiran vivindo nos territorios conquistados , os mudéxares.


A GALICIA MEDIEVAL
A presenza musulmá en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións de saqueo e castigo no territorio galego. A máis significativa foi a dirixida por Almanzor no 997 contra a cidade de Santiago. 
Durante os séculos IX e X as costas galegas sufriron ataques e saqueos dos vikingos, que chegaron ata o interior (Santiago e Lugo). Para defender a entrada a Santiago pola ría de Arousa, os bispos de Compostela levantaron fortalezas como as Torres do Oeste en Catoira.
Dende os inicios da Reconquista as terras galaicas quedaron integradas no reino ástur. Tras a morte de Alfonso III no 910 , foi creado o reino de Galicia e outorgado en herdanza a un dos seus fillos, Ordoño II. Foi reino independente do reino de León en breves períodos (910-914, 926-929, 1065-1071), sempre como resultado de repartimentos hereditarios.

Entre 1065 e 1072, Don García foi rei de Galicia e estableceu a sede do seu reinado en Ribadavia (Ourense). O reino galego perdeu a súa independencia e pasa a formar parte do reio castelán-leonés.
A última etapa na que Galicia foi reino , acontece entre o 1111 e o 1126 baixo o reinado de Afonso Raimúdez que foi coroado polo arcebiso Xelmírez na catedral de Santiago
A Era Compostelá:

O descubrimento, no 813, dunha tumba que, segundo a tradición, conservaba os restos do apóstolo Santiago permitiulle á cidade de Compostela e aos seus bispos beneficiarse do seu culto. O máis destacado dos seus bispos foi Diego Xelmírez quen se dedicou a potenciar a cidade e o seu señorío, organizando as peregrinacións, dándolle un importante empuxe construtivo á catedral e conseguindo do Papa, en 1122, o privilexio do Ano Santo (todos os anos nos que o 25 de xullo coincida en domingo). O labor de Xelmírez permite falar da era compostelá como a época de florecemento de Santiago de Compostela e o seu señorío no século XII.
Mandou escribir a Histoira Compostela e o codex calixtinnus ou Códice calixtino.



A CULTURA MEDIEVAL
A CULTURA CRISTIÁ
Mosteiros e universidades
O clero foi  o depositario da cultura intelectual na Idade Media, onde os mosteiros serviron como centro de estudio ata a creación das universidades. A lingua utilizada no ensino e na igrexa era o latin , aída que se falaba outras linguas como o francés, o italiano ou o castelán, eran as linguas románicas. Sobre todo grazas ao camino de Santiago e o intercambio cultural.
Na Idade Media os mosteiros foron importantes centros culturais e nas súas bibliotecas, os monxes copiaban as obras da Antigüidade grega ou mayoría da poboacion era analfabeta e a cultura reducíase ao mosteiros Os mosteiros.

Tamén nacen as universidades e as escolas catedralicias. Eran asociación de Mestres e alumnos nas que se estudiaba contabilidades, dereito, filosofía, artes ou medicina e as clases impartíanse en latín.

A ARTE MEDIEVAL.

A ARTE ROMÁNICA
Destaca a arquiatectura, as pequenas igrexas e os mosteiros que se caracterizan por unha decoración simple, con pequenas fiestras , que non deixaban entrar demasiada luz , con pouca altura e empregan o arco de medio punto.



A escultura e a pintura están ao servizo da arquitectura , as figuras son rostros inexpresivos ; hai poucas escenas naturalistas, o uso de cores son simples, e as representacións son de figuras frontais.
COMO DISTINGUIR AS CARACTERÍSTICAS DA ARQUITECTURA ROMÁNICA

ARTE GÓTICA


ARTE MUSULMÁ