Páxinas

domingo, 26 de abril de 2015

A IDADE MEDIA NA PENÍNSULA IBÉRICA

A IDADE MEDIA NA PENÍNSULA IBÉRICA
A finais do século V d.C., o imperio romano foi invadido por pobos xermánicos e asi empeza a caída do imperio romano e o inicio da Idade Media  que rematará co descubrimento de América en 1492(século XV)
476 d.C fin do Imperio Romano-1492 descubrimento de América
SIGLOS :
INICIO IDADE MEDIA: V-VI-VII-VIII
ALTA IDADE MEDIA: IX-X
BAIXA IDADE MEDIA: XI-XII-XIII
CRISE DO SISTEMA FEUDAL: XIV-XV-XVI
o sistema feudal (Feudalismo) comeza en Francia. Nos reinos europeos comeza unha división da sociedades en tres estamentos: NOBREZA, CLERO E CAMPESIÑOS 

A sociedade estamental       
O rei era a máxima autoridade.
A nobreza guerreaba e obedecía o rei a cambio de terras e poder.
O clero, formado por abades, bispos, monxes e sacerdotes , dedicábase ao estudo e á cultura.
Os campesiños traballaban a terra do señor feudal e pagaban  impostos a cambio de protección.



Ao comezo da idade media  , a poboación abandona as cidades e instálase no campo e a agricultura convertese na actividade económica básica.
Os reis confian a defensa das súas terras aos nobres chamados señores feudales , e estes obteñen a cambio privilexios e terras ( os feudos ou señoríos).
Estes nobres viven en castelos e teñen serventes, outros nobres e cabaleiros ao seu servicio.
As terras son traballadas polos campesiños.
Resultado de imagen de IMAGENES EDAD MEDIAResultado de imagen de IMAGENES EDAD MEDIA

En cada reino  reinaba un rei que tiña a función de gobernar o reino coa axuda dos nobres.
Os reis vivían en castelos que eran fortes construcións de pedra que se edificaban sobre outeiros para poder ver ao inimigo a tempo cando se achegaba. Para defendelos mellor rodeábanse de altas murallas e dun foso cheo de auga que non podía cruzarse sen baixar a ponte levadiza. O señor do castelo vivía na torre principal que se chamaba torre da homenaxe. No castelo gardábase gando, trigo e auga en depósitos 
Cando había guerra os atacantes asediaban o castelo, é dicir, rodeábano durante meses sen deixar entrar nin saír a ninguén, ata que os asediados, que eran os que estaban dentro do castelo, se quedaban sen auga ou sen comida e se rendían.



A partir do século XII , empeza un período de prosperidade económica e crecemento da poboación e moitos campesinos emigran ás cidades para converterse en arrtesáns e comerciantes



VÍDEO SOBRE A IDADE MEDIA PARA NEN@S

VÍDEO SOBRE EL REINO VISIGODO

VÍDEO ALÁNDALUS

Ningún comentario:

Publicar un comentario