O movemento que realiza a Terra sobre si
mesma chámase rotación. Este é un movemento
constante e rápido. A Terra tarda 24
horas en dar unha volta completa sobre si
mesma. É o que chamamos día O movemento de rotación dá lugar aos días
e ás noites.
A Terra, ademais de xirar sobre si mesma,
tamén xira arredor do Sol. Este movemento
chámase translación. A Terra tarda un
ano, 365 días, en dar unha volta completa
ao Sol.
Este movemento dá lugar ás estacións do
ano, que son catro: primavera, verán, outono
e inverno.
As estacións prodúcense porque o eixe da
Terra está inclinado.
O SOL, A LÚA E AS ESTRELAS
A lúa
coida no ceo
un rabañiño de estrelas .
A lúa
coida no ceo
un rabañiño de estrelas .
Abaixo,
o mar arrola
ondas de prata na area.
Esperta o astro rei,
entre nubes aparece.
o mar arrola
ondas de prata na area.
Esperta o astro rei,
entre nubes aparece.
A lúa, ao miralo a él,
apágase. Desaparece.
E as estreliñas, mamá?
Quen coidará das estrelas?
-Cóidaas a Osa Maior
e os osos que están con ela .
apágase. Desaparece.
E as estreliñas, mamá?
Quen coidará das estrelas?
-Cóidaas a Osa Maior
e os osos que están con ela .