Páxinas

domingo, 26 de abril de 2015

AL ÁLANDALUS



A principios do século VIII , os musulmáns entraron na Peninsula Ibérica e puxeron fin ao reino visigodo e o territorio musulmán chamouse Al Ándalus. Estiveron ata 1492. 
Durante estes case oito séculos, al Ándalus variou o seu tamaño e a s súa organización política.
Etapas da presenza musulmá na Península Ibérica.
No ano 711  o exército musulmán invade a Península Ibérica.
Al ändalus era unha provincia ou emirato , gobernado por un emir
do grande Imperio islámico con capital en Damasco e en Bagdad.
Non puideron ocupar algunhas das zonas cristiáns que co tempo darían lugar a reinos cristians independentes.

O CALIFATO DE CÓRDOBA

No ano 929 , Al Álandalus separouse do Imperio Islámico(o califato de Bagdad) e formouse o califato  con cappital en Córdoba, converténdose nun poderoso estado e Al Álandalus viviu un gran esplendor económico e cultural durante este período.

OS REINOS DE TAIFAS

No século XI , o califato de Córdoba dividíase en numerosos territorios independientes chamados reinos dos taifas gobernados cada un por un rei .
Estando enfrontados aos reinos cristiáns do norte, a situación dos taifas era máis débil  e foron desaparecendo pouco a pouco xa que tiñan que pagar moitos impostos .
O último reino musulmán da Peninsula era o chamado reino nazarí de Granada.
Mezquita de Cordoba

A poboación era moi diversa formada por musulmáns , árabes e cristiáns convertidos ao islám; tamén había núcleos de poboación non musulmá, como os xudeus e os mozárabes que eran cristiáns non-convertidos ao islam.

A agricultura era importante para os andalusís e a tiñan as noras e as canles para a rega.
O comercio tamén era moi importante, adicábanse  ao comercio de produtos artesanais .
No ano 997 Almanzor , caudillo do califato de Córdoba e as súas tropas saquearon e arrasaron a cidade de Santiago de Compostela, destruíndo os monumentos e igrexas ; levaron incluso as portas e as campás da catedral  para Córdoba.



A cultura musulmá foi una das máis avanzadas na Idade Media,literatura en música, e en particular en matemáticas ( o numero cero), en astronomía desenvolvendo instrumentos tales como o compás e o astrolabio moi útiles para a navegación


En medicina introduxeron hábitos de hixiene e dietéticos para previr enfermidades e tamén técnicas de cirurxía e anestesia.

 A CULTURA XUDÍA
Esta permitiu a transmisión de coñecementos entre musumáns e cristiáns xa que os xudeus na escola de tradutores de toledo traducíndose ao latín e ás linguas románicas as grandes obras en árabe  que chegaron á Península.

O REINO DE GALICIA

VÍDEO SOBRE O REINO DE GALICIA

REINO SUEVO VISIGODO

O pobo xermánico dos suevos asentouse na Galicia romana e daría lugar ao reino suevo de Galicia dende o ano 411 ata o 585 en que os visigodos invadiron e incororaron Galica ao seu reino.

Os suevos asentáronse pacificamente , mesturándose coa sociedade galaico-romana e se converteron ao cristianismo. Nesta época fundáronse mosteiros por todo o territorio galego e fíxose a división eclesiastica en parroquias.
O territorio estendíase pola Galicia actual e polo norte de Portugal ata o río Douro con capital en Braga.

O REINO VISIGODO



A finais do século V procedentes do centro de Europa e coa caída do Imperio Romano, ás mans dos  xermanos ou bárbaros,  os Suevos, os Ándalos e, os Alanos e os visigodos invaden territorios ocupados anteriormente polo romanos.
(Ao principio os visigodos eran aliados dos romanos )






Os visigodos ocuparon España no ano 507.

Fundaron un reino independente , 

con capital en toledo. 

Leovigildo, Recaredo y Recesvinto foron os reis visigodos máis importantes.

VÍDEO SOBRE O REINADO DOS VISIGODOS


O reino visigodo perdurou en España dende o século V ata o século VIII unificando a maior parte do territorio baixo unas mesmas leis e relixión : 
O cristianismo.


Igrexa de Santa Comba de Bande (Ourense) Século VII


Na arte destaca a fabricación de xoias con metais e pedras preciosas así como a construción de pequenas igrexias.




A IDADE MEDIA NA PENÍNSULA IBÉRICA

A IDADE MEDIA NA PENÍNSULA IBÉRICA
A finais do século V d.C., o imperio romano foi invadido por pobos xermánicos e asi empeza a caída do imperio romano e o inicio da Idade Media  que rematará co descubrimento de América en 1492(século XV)
476 d.C fin do Imperio Romano-1492 descubrimento de América
SIGLOS :
INICIO IDADE MEDIA: V-VI-VII-VIII
ALTA IDADE MEDIA: IX-X
BAIXA IDADE MEDIA: XI-XII-XIII
CRISE DO SISTEMA FEUDAL: XIV-XV-XVI
o sistema feudal (Feudalismo) comeza en Francia. Nos reinos europeos comeza unha división da sociedades en tres estamentos: NOBREZA, CLERO E CAMPESIÑOS 

A sociedade estamental       
O rei era a máxima autoridade.
A nobreza guerreaba e obedecía o rei a cambio de terras e poder.
O clero, formado por abades, bispos, monxes e sacerdotes , dedicábase ao estudo e á cultura.
Os campesiños traballaban a terra do señor feudal e pagaban  impostos a cambio de protección.



Ao comezo da idade media  , a poboación abandona as cidades e instálase no campo e a agricultura convertese na actividade económica básica.
Os reis confian a defensa das súas terras aos nobres chamados señores feudales , e estes obteñen a cambio privilexios e terras ( os feudos ou señoríos).
Estes nobres viven en castelos e teñen serventes, outros nobres e cabaleiros ao seu servicio.
As terras son traballadas polos campesiños.
Resultado de imagen de IMAGENES EDAD MEDIAResultado de imagen de IMAGENES EDAD MEDIA

En cada reino  reinaba un rei que tiña a función de gobernar o reino coa axuda dos nobres.
Os reis vivían en castelos que eran fortes construcións de pedra que se edificaban sobre outeiros para poder ver ao inimigo a tempo cando se achegaba. Para defendelos mellor rodeábanse de altas murallas e dun foso cheo de auga que non podía cruzarse sen baixar a ponte levadiza. O señor do castelo vivía na torre principal que se chamaba torre da homenaxe. No castelo gardábase gando, trigo e auga en depósitos 
Cando había guerra os atacantes asediaban o castelo, é dicir, rodeábano durante meses sen deixar entrar nin saír a ninguén, ata que os asediados, que eran os que estaban dentro do castelo, se quedaban sen auga ou sen comida e se rendían.



A partir do século XII , empeza un período de prosperidade económica e crecemento da poboación e moitos campesinos emigran ás cidades para converterse en arrtesáns e comerciantes



VÍDEO SOBRE A IDADE MEDIA PARA NEN@S

VÍDEO SOBRE EL REINO VISIGODO

VÍDEO ALÁNDALUS

mércores, 8 de abril de 2015



A poboación é o numero de habitantes que vive nun lugar nun momento determinado, por iso a poboación está sempre en constante evolución.
Factores que interveñen na evolución dunha poboación:
A natalidade
A mortalidade
A inmigración

A emigración
A POBOACIÓN E AS INSTITUCIÓNS DE GALICIA

TABOAS DE REPRESENTACIÓN DA POBOACIÓN

PIRÁMIDE DE POBOACIÓN

GRÁFICO LINEAL


GRÁFICO DE BARRAS

DIAGRAMA CIRCULAR



A POBOACIÓN EXPLICACIÓN

A POBOACIÓN