Páxinas

domingo, 18 de outubro de 2015

AS 4 ESTACIÓNS


O movemento que realiza a Terra sobre si mesma chámase rotación. Este é un movemento constante e rápido. A Terra tarda 24 horas en dar unha volta completa sobre si mesma. É o que chamamos día O movemento de rotación dá lugar aos días e ás noites.  

A Terra, ademais de xirar sobre si mesma, tamén xira arredor do Sol. Este movemento chámase translación. A Terra tarda un ano, 365 días, en dar unha volta completa ao Sol. Este movemento dá lugar ás estacións do ano, que son catro: primavera, verán, outono e inverno. As estacións prodúcense porque o eixe da Terra está inclinado. 



O SOL, A LÚA E AS ESTRELAS

A lúa 
coida no ceo 
un rabañiño de estrelas .
Abaixo, 
o mar arrola 
ondas de prata na area.

Esperta o astro rei,
entre nubes aparece.

A lúa, ao  miralo a él, 
apágase. Desaparece.

E as estreliñas, mamá?
Quen coidará das estrelas?

-Cóidaas a Osa Maior 
e os osos que están con ela .

Ningún comentario:

Publicar un comentario